Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2008.

¡Estatua do Che fora de Oleiros!

20080701165309-logoidega.gif

 

IDEGA propon a retirada da estatua do Che de Oleiros.

 

A instalacion dunha estatua do Che Guevara en Oleiros,  e un aldraxe contra os galegos espoliados e asesinado en Cuba , e contra todos os que loitaron pola liberdade contra terroristas o servicio  do comunismo e da, afortunadamente fenecida, Unión Sovietica.

O Che historicamente non foi mais que un " terrorista iluminado" , absolutamente incompetente como politico desde os cargos no goberno cubanoque tivo , e un guerrilleiro mais inutil todavia; o seu legado e morte, miseria e logotipo de camisetas para progres.

Desde IDEGA pedimos a retirada desta patetica estatua, e que lle pasen o recibo dos gastos(180.000 euros)  o alcalde de Oleiros, que e o único que quere ter este tipo de decorados.

IDEGA


NON AO VOTO INMIGRANTE NAS ELECCIONS MUNICIPAIS

20080708001403-logoidega.gif

 

A proposta do PSOE de que os inmigrantes podan votar nas eleccions municipais non e mais que a constatacion do medo dous socialistas a perder a sua tradicional canteira de votos e empezar a "cobrar os favores" a aqueles favorecidos polo "progreisismo buenista" en materia de inmigración.
Un dous erros do PSOE e pensar que vos van a votar a eles, cando ou loxico sera que os inmigrantes se vóten a si  mesmos, como xa esta pasando con partidos musulmáns en Europa, Francia, Belgica, Gran Bretaña, e mais concretamente en España, en Melilla.
Pensar que un inmigrante pakistani ou marroqui, musulman devoto e practicante, vote ou PSOE apoiando a politica en materia de muller ou de dereitos para os homsexuais di moito dá absoluta falla de cultura dúas dirixentes socialistas, ancorados en ideas sectarias e sloganes progres repetidos unha e mil veces.


IDEGA oponse a este novo recorte de dereito para os españois e galegos, a ciudadania e os dereitos políticos que implica ten que ver coa nacionalidade ,e nada ten que ver coa participación politica daqueles vindos de fora que non comparten nin historia, nin orixes, nin lingua, nin costumes, nin crenzas.


NON O VOTO  INMIGRANTE NAS  ELECCIONS MUNICIPAIS

IDEGA




Crisis en Terra Galega


Pablo Padín e Xermán Tobío fracasan no seu simulacro de congreso ilegal
Xornal Galicia | Lunes, 14 Julio, 2008 - 08:36

O sector disidente, liderado por estas dúas persoas, apenas foi quen de xuntar a un reducido número de militantes no pseudocongreso celebrado por ambos o pasado sábado en Santiago, mostrando a súa nula capacidade de convocatoria e deixando en evidencia que non teñen nin a máis mínima lexitimidade para representar a esta formación. Ademais, tras esta xuntanza, en declaracións aos medios, Padín confirmou as sospeitas denunciadas polo sector maioritario do partido de pretender vender a Terra Galega ao mellor postor, tras recoñecer que “intentarei dar entrada a outros colectivos de centro”.

Se algo quedou demostrado o pasado sábado foi o pouco sentindo do ridículo e da democracia que os Srs. Pablo Padín e Xermán Tobío posúen. Primeiro, por pretender chamar congreso a unha xuntanza á que asistiron menos militantes dos que se poderían contar cos dedos de poucas mans, nada que ver coas máis de 500 persoas que asistiron ao primeiro congreso hai dous anos. Segundo por pretender convencer á sociedade galega de que “unha xuntanza de catro amigos” pode facerse lexitimamente co poder dunha formación política que ten case 70 concelleiros e cinco alcaldías.

É moi salientable o feito de que o sector disidente liderado por ambos non convocase aos medios antes da celebración do seu “congreso” e só chamasen a estes horas despois para comunicarlles o resultado das decisións alí tomadas. O obxectivo desta decisión era ocultar aos medios que detrás deles non existe nin o máis mínimo respaldo social do partido para así evitar que estes puidesen transmitir esta realidade á sociedade galega. De feito, ante a pregunta dalgún xornalista interesado en saber o número de asistentes ao congreso, o Sr. Padín viuse obrigado a contestar “los suficientes” ou “más de los necesarios”, sen querer dar un número concreto. Ademais, o Sr. Padín, ante a pregunta sobre a non-asistencia ao acto de 65 dos 69 concelleiros teguistas e de ningún dos 5 alcaldes do partido viuse obrigado a dar unha resposta que escapa fora de todo sentido da ética e da vergoña política, máis aínda se falamos dun pequeno partido coma este, e que deixa en evidencia a súa peculiar interpretación da democracia: “se trata del congreso de un partido, no de los cargos públicos que están en él”, obviando por tanto que se TEGA logrou converterse na cuarta forza política de Galicia foi grazas o esforzo de todos esas persoas ás que agora o Sr. Padín pretende ignorar.

Tamén foi moi curioso observar como os 500 afiliados dados de alta por el e o Sr. Tobío a última hora non apareceron por ningures, posiblemente porque toda esta xente non exista máis que na imaxinación de estes dous personaxes (realmente a día de hoxe aínda non sabemos se toda esa xente existe porque o Sr. Tobío leva case dous meses fora da legalidade tras negarse a facilitarlle ao coordinador xeral e representante legal do partido, Xoán Gato, as fichas de afiliación do partido, como así o establece os estatutos de Terra Galega e a lei de partidos políticos).

Pero ademais, o Sr. Padín confirmounos o que dende TEGA todos sospeitábamos dende hai tempo e que foi o detonante da situación actual que padece a nosa formación: o intento de venda do partido ao mellor postor. Tralos seus contubernios políticos mantidos ao longo destes dous anos con xente da categoría de Soto, Rivas Fontán, Cacharro, Carlos Marcos, Corcoba ou Diz Guedes, agora di que se mostra “aberto á entrada doutros colectivos de centro”, intentando abrir a porta traseira do partido a xente que nada ten que ver coas ideas que representa Terra Galega e que non nos representan nin nos representarán nunca. Xente que, por moito que lle pese a Padín, nunca imos a aceptar coma compañeiros de viaxe.

Finalmente, tamén resulta moi cínico e hipócrita por parte do Sr. Padín falar de renovación do partido cando o único que se limitou a facer nese congreso ilegal foi repartir os cargos do partido entre a súa pandilla de amigos, os únicos do partido que están dispostos a seguilo na súa viaxe cara a infamia e o cinismo político.


Fadesa, mais galegos no paro.

Martinsa-Fadesa terá que precindir de máis de 200 empregados

Europa Press O expediente de regulación de emprego que Martinsa-Fadesa presenta hoxe ante a autoridade laboral afectará a 234 traballadores, o 26,5 por cento do seu cadro de persoal, segundo informaron a Europa Press fontes de CC.OO. e UGT.

Os responsábeis de Recursos Humanos da inmobiliaria, que controla e preside Fernando Martín, cuantificaron a dimensión do axuste de persoal previsto pola empresa nunha reunión celebrada na mañá de hoxe en Madrid cos representantes dos traballadores

Martinsa-Fadesa traballaba neste axuste desde hai meses, pero finalmente a súa concreción coincidiu na mesma xornada na que a inmobiliaria presentou concurso voluntario de acredores. A suspensión acordouse onte luns na reunión do consello da inmobiliaria, despois de que a empresa constatase as súas "graves" dificultades de liquidez ante a imposibilidade de obter un crédito de 150 millóns de euros. A inmobiliaria necesitaba este empréstito para cumprir as condicións do contrato de refinanciamento subscrito en maio.

Martinsa-Fadesa soporta actualmente unha débeda duns 5.100 millóns de euros, pero asegura contar cun patrimonio inmobiliario valorado nuns 10.800 millóns de euros.

Reunión ao longo da xornada

Nunha nova reunión entre empresa e sindicatos que terá lugar esta mesma tarde, os representantes dos traballadores agardan obter detalles sobre o expediente de regulación de emprego (ERE), como son a distribución xeográfica dos empregados afectados ou a compensación económica que se lles ofrece.

Dos 880 traballadores da empresa, 181 empregados están na sede da Coruña, máis 28 persoas que tamén traballan en Galiza en labores de construción. O expediente de regulación de emprego proposto inicialmente pola inmobiliaria afectaría a 60 traballadores galegos.

Preocupación nos sindicatos

Fontes da Federación de Metal, Construción e Afíns da UGT (MCA-UGT) expresáronlle a Europa Press a preocupación do sindicato, non só polos efectos do ERE sobre o persoal de Fadesa, senón polo seu impacto en subcontratas que empregan a unhas 3.000 persoas e nas empresas provedoras.

Pola súa banda, o portavoz da Federación de Construción, Madeira e Afíns de CC.OO., Antonio Garde, adiantou que esixiranlle á dirección da empresa un plan de viabilidade que garanta o futuro da compañía a "medio e longo prazo", ademais de "as mellores condicións para os traballadores que teñan que abandonar a compañía".

Na súa opinión, a situación económica de Martinsa-Fadesa é "terríbel" e podería desembocar na desaparición da empresa nun prazo breve de tempo, "o que levaría ao despedimento dos 600 empregados restantes".


25 de Xullo

20080725123822-propa-idega-37.jpg



Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next