Blogia
IDENTIDADE GALEGA

Os dous tripulantes galegos do Vega 5 continuan secuestrados en Somalia.

Desde IDEGA o noso apoio as familias, gustarianos que o goberno español traballara para a liberacion dos mariñeiros o mesmo que para liberar os progres subvencionados de ONGs catalanas secuestrados en Africa, pero temos dubidas o respecto....

Non esquecemos os nosos mariñeiros secuestrados polos piratas.

...........................................................

EUROPA PRESS . SANTIAGO/MADRID

Imaxe facilitada pola Mariña da India dos piratas capturados tras a abordaxe do ‘Vega 5’ o pasado sábado FOTO: INDIAN NAVY
Imaxe facilitada pola Mariña da India dos piratas capturados tras a abordaxe do ‘Vega 5’ o pasado sábado
FOTO: INDIAN NAVY

Os dous galegos membros da tripulación do Vega 5 -secuestrado hai algo máis de dous meses fronte a augas de Mozambique- continúan en mans de piratas, xa que non se atopaban a bordo da embarcación cando foi liberada o sábado pasado pola Mariña da India, senón que foran trasladados a terra firme, segundo informaron fontes de Pescamar. A Mariña india anunciou onte a liberación o sábado pasado do palangreiro Vega 5, de bandeira mozambiqueña e operado por Pescamar, unha empresa participada por Pescanova, nunha operación contra a piratería, na cal se apresou a 61 piratas.

Na operación foron liberados trece membros da tripulación orixinal do pesqueiro e outros nove permanecen "desaparecidos" desde entón, entre eles os dous galegos, o capitán e o contramestre, Alfonso Rey e José Alfonso García, procedentes de Muros (A Coruña) e Pontevedra, respectivamente. Os outros 22 tripulantes son 19 mozambiqueños e tres indonesios que permanecían xunto cos piratas.

Segundo informou a Mariña india, a nave estaba sendo utilizada como buque-base para levar a cabo outros secuestros e, de feito, xa levara a cabo varios ataques. Foi interceptado no mar Arábigo, cando se atopaba a 600 millas náuticas ó oeste de India. O pesqueiro foi localizado cando a Mariña acudiu á zona tras recibir unha chamada de socorro doutro barco, o Vancouver Bridge, que estaba sendo atacado por piratas. Estes fuxiron cando chegaron avións militares indios, que iniciaron a persecución do Vega 5, xunto a varios barcos da Mariña. Na operación militar o Vega 5 quedou destruído. Segundo datos da investigación, os piratas levaban no pesqueiro de 80 a 90 armas lixeiras e fusís e algunhas armas pesadas que poderían ser lanzagranadas. .

DATOS

Silencio sobre as negociacións

O buque foi abordado en augas de Mozambique o 28 de decembro. A tripulación foi obrigada a dirixir o barco ó norte, nun traxecto de sete días ata a súa chegada á costa de Somalia o 4 de xaneiro. Desde o principio, tanto o Goberno, como a empresa e as familias dos españois, gardaron silencio sobre as negociacións, co obxectivo de non prexudicalas.

 

Exteriores quere manter a discreción

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, afirmou onte que o seu departamento "non sabe máis" dos dous galegos do "Vega 5", pero, por parte do Goberno central, a ministra de Asuntos Exteriores, Trinidad Jiménez, asegurou dende O Cairo que se atopan ben, pero que se vai manter a mesma discreción que ata agora sobre este asunto.

0 comentarios