¡NON A GUERRA CONTRA SIRIA!
NON A GUERRA CONTRA SIRIA
As necesidades da crise económica iniciada en 2007 fan que o capitalismo necesite unha nova guerra para poñer en marcha os mecanismos de produción e os grandes negocios que virán coa venda de armamentos e a reconstrución das cidades destruídas.
Acaso criades que desta crise económica se ía saír doutro xeito que cunha guerra? A Obama correspóndelle o triste papel de can de presa do capital multinacional e a alta finanza. E aos nosos progreses que o mitificaron, adoraron e o consideraron como "providencial", correspóndelles o triste papel de estúpido correspondente, tan habitual neles. Pero é que un progre pode ser outra cousa?
O dramático É QUE UNHA PAÍS VAI A SER DESTRUÍDO, MILES DE PERSOAS VAN A MORRER NOUTRA AVENTURA DO GRANDE CAPITAL Y DA ALTA FINANZA INTERNACIONAL, un goberno lexítimo vai ser destruído e imos ver como os nosos gobernos baixan a caluga (xa o fixo Holande, o ZP francés) e apresúranse a enviar tropas testemuñais para certificar QUE OS IMPERIOS NON TEÑEN ALIADOS, TEÑEN SÓ VASALOS e o goberno Rajoy é un máis.
EUA está moi no seu papel de querer manter o UNIPOLARISMO. Todo o mundo sabe que o "ataque con armas químicas" do que se vén falando nos últimos días non é máis que un CASUS BELLI, unha escusa para atacar a Sirya. Sábeno todos os xornalistas, sábeno os enviados da ONU, sábeno as cadeas mediáticas... pero todos calan ante o inelutable do ataque a Sirya.
NON QUEDA MÁIS QUE O DEREITO AO PATEO: NIN UN VOTO, NIN UNHA AXUDA, NIN UN APOIO, NIN UN MINUTO DE ATENCIÓN PARA OS QUE APROBEN ESTE ATAQUE OU DISTRIBÚAN INFORMACIÓNS FALSAS E TENDENCIOSAS. Sábese como empezará este ataque criminal e asasino (con bombardeos a grande altura ou ben con lanzamento de mísiles a miles de km de distancia sobre o pobo sirio), pero non SE SABE COMO REMATARÁ, nin se este ataque será o inicio dunha guerra máis ampla que abranguerá a todo Oriente Medio. De momento, xa Iraq e Afganistán seguen en guerra grazas aos EUA.
0 comentarios