O xiro do leite
Polo seu interese reproducimos este artigo, Idega coincide cos plantexamentos do autor-
O xiro do leite
21-marzo-98 Leoncio González para La Voz de Galicia
Hai anos, cando os problemas da pesca aumentaban, a Xunta tomou unha decisión audaz. vencendo a indiferencia de que facía gala o Goberno central, trouxo á comisaria Emma Bonino a Galicia para explicarlle que o sector non era o fato de esquilmadores do mar que se pintaba en Europa, senón unha industria moderna que impulsaba grande parte da economía galega.
A visita non se saldou con ningún acordo milagreiro,mais valeu para despertar unha sesibilidade nova en Bruxelas, que posteriormente se traduciu para unha maior comprensión cara aos intereses de galicia cada vez que estaban en perigo.Foi unha iniciativa valente, que indicaba que San Caetano non se resignaba a estar calado e quieto, senón que tiña, por contra, unha estratexia activa baseada no uso enérxico das competencias que o Estatuto de Autonomía puña nas súas mans.
Todo o contrario do que acontece agora co sector lácteo. As negociacións sobre a asignación de cotasn teñen unha importancia transcendental para o futuro de gandeiros e industrias que non se diferencia grande cousa da que,no seu momento, tivo para a flota a tentativa canadiana de expulsala de augas internacionais, ou as pretensións de Marrocos por lle permitir pescar nas súas.
Con todo, esta vez a Xunta asiste aos acontecementos como se fose unha convidada de pedra.En lugar de aterse ao precedente pesqueiro e baterse co dinamismo que usou daquela, limítase a ir pasivamente atrás do Ministerio de Agricultura e a se manter agachada no pelotón de comunidades afectadas, sen revelarqué medidas diferenciadas pensa esgrimir para forzar unha ampliación da producción láctea de Galicia superior á que se outorga.
O xiro,que se fai máis evidente se se ter en conta que nos últimos anos a Xunta meteuse de cheo na defensa das demandas do sector, recibiu onte a benzón de Fraga. A valoraciíon que se fixo da proposta da Comisión Europea está en sintonía coa satisfacción da ministra, aínda a pesar de as toneladas que arrancou a Bruxelas se encontraren lonxe das que se reclamaban, e antecipa que non quere converter a diferencia nun “casus belli”, aínda que se o fixese tal vez fose menos escuro o pórvir para o sector.
0 comentarios