A Casa das Atochas e a permisividade policial
O pasado 11 de Decembro, houbo unha manifestación a prol do movemento okupa na cidade da Coruña, contra o desaloxo da como é coñecida "Casa das Atochas". Até aquí todo ben, pois todo o mundo ten dereito à liberdade de expresión e a manifestar as súas ideas.
E até coincidímos na idea da denuncia contra a especulación inmobilaria. Ora ben, discrepamos e condenamos as actitudes pseudo-terroristas destes grupúsculos nas suas actuacións, como ben quedou demostrado na realidade...pintadas a doquier, destrozos vários no mobiliario urbán, ataques a pequenos comerciantes, etc.
E a policia nacional permitindo todo isto, pois aconteceu debido à permisividade policial, dirixida polo mediocre político socialista Antón Louro. Por isto, desde IDENTIDADE GALEGA pedimos a súa dimisión, pola sua incapacidade manifiesta.
Antón Louro, dimisión!!
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/12/12/0003_8905097.htm
0 comentarios