Blogia
IDENTIDADE GALEGA

IDEGA contra a desaparicion da tarifa nocturna.

IDENTIDADE GALEGA reclama que se manteña a tarifa nocturna, en Galicia son mais de 160.000 os usuarios da devandita tarifa que o goberno socialista, os socios do BNG, quere eliminar para favorecer as empresas electricas.

O Real Decreto gubernamental que regula as novas tarifas eléctricas e estabelece a chamada Tarifa de Discriminación Horaria, á que se poderían acoller os usuarios da tarifa nocturna, suporía un coste de entre 400 e 500 euros por cliente, debido á necesidade de cambiar os limitadores de potencia e adaptar os sistemas de calefacción.

Este custe deberia ser asumido polas compañias electricas que son as que ofrecen unha tarifa para logo cambiarla cando queren, xa que o custe e inasumible para moitas familias, especialmente despois das elevadas subidas dos productos basicos que conleva a xestion do goberno socialista.

IDEGA considera un autentico aldraxe para os consumidores esta pretension do goberno do PSOE.

IDENTIDADE GALEGA
http://identidadegalega.blogia.com/

0 comentarios