Idega apoia o sector lacteo galego
Desde Idega queremos lembrar que sen mecanismos correctores que devolvan o Estado o poder de intervir na economia na procura do ben comun e imposible non actual sistema liberal-capitalista conquerir solucions a temas como a crise lactea que afecta profundamente a Galicia. Asimesmo solidarizamonos coas organizacions agrarias na sua loita, que e a nosa, para arranxar vos problemas do sector lacteo galego, e asumimos as suas reivindicacions.
As organizacións agrarias (SLG-UUAA-XXAA) e cooperativas (AGACA) apelamos ao apoio da sociedade galega para facer fronte, canda o sector leiteiro, a industrias coma Lactalis, Leite Celta e Lácteos Lence, que coas súas destrutivas prácticas comerciais están a afundir aos gandeiros e gandeiras da Galiza mediante a imposición de baixísimos prezos para o leite galego. Ao mesmo tempo, instamos á Administración a situarse ao noso carón apoiándonos nas nosas accións reivindicativas e demandas. O vindeiro mércores 8 de setembro iniciaremos as accións de boicot destas industrias e das súas marcas.
0 comentarios