Blogia
IDENTIDADE GALEGA

¿Educación? para a cidadania.

¿Educación? para a cidadania.
¿Educación? Para a cidadania

IDEGA rexeita a nova asignatura de Educacion para a Cidadania que quere impoñer o goberno socialista.

Baixo o inocente nome de “educación para a cidadania” o goberno pretende impoñer a todos os rapaces unha asignatura nova que baixo a mesma idea que a “formación do espiritu nacional” do franquismo pretendia: unha manipulación ideoloxica desde o poder para conservarse no poder.

Os novos apóstoles do talante e do “buen rollito” que intelectualmente non deixan de ser unha pandilla de progres fracasados, pretenden que sua concepción da sociedade e da vida , pintoresca nas subvencionadas películas de Almodóvar, pase a ser realidade, con nefastos resultados na propia existencia da sociedade, unha cousa son as películas e outras a realidade.

O PSOE sigue gobernando para pequenas minorias de progres enriquecidos na politica e na función publica,para minorias sexuais que non deben ser marxinadas (pero tampoco enaltecidas) , partidos de estrema esquerda que apoian o terrorismo, ongs en busca de pobres que xustifiquen a subvención e similares; para manterse no poder, sin solucionar os problemas reais dos cidadans que agora pretenden convertir en escravos mentais.

IDEGA apoia calquera iniciativa para que esta nova desfeita non chegue a levarse a cabo, por certo ¿cómo se pode promocionar a homosexualidade con cartos públicos e o mesmo tempo promocionar o islam que lapida os homosexuais con cartos publicos ?
Os socialistas o fan, eles saberan.....eso si, os fillos dos caciquiños do psoe van a escolas privadas...por algo será.

IDEGA

www.identidadegalega.net


0 comentarios