Morreu Fidel Castro. Morreu o ditador, o tirano, o criminal, o genocida......

Non esquecemos, nin queremos esquecer a represión á comunidade galega en Cuba. Á que se confiscou todo o seu gran patrimonio social, económico e cultural. Como Centros Galegos, Mutuas de Benificiencia, parques, hospitais, bibliotecas, arquivos, obras de arte e toda a súa Tesourería de previsión, benéfica e fondos.

Non esquecemos aos galegos, fusilados, encarcerados, torturados e obrigados a abandonalo todo e marcharse.

Non esquecemos o desprezo, o espolio e a persecución das identidades europeas en Cuba, como a galega que supuxo un xenocidio porque para a uniformidade comunista, toda sinal de identidade, de diferenza e de europeo; era perigoso e debía de ser destruído.

Morreu o ditador que levou ao seu pobo á "revolución" da miseria, a escravitude, do gran exódo, a degradación e das dificultades.

Esperamos que se abra coa súa morte unha Eperanza de Liberdade, prosperidade e reunificación do pobo.
Esperamos a devolución e compensación do Patrimonio Galego confiscado.
IDEGA