Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2016.



As raices do piñeiro de Pondal esculpidas.

Está escrito en 1890. Desde entón foi repetido e cantado millóns de veces: «Vos bos e xenerosos / a nosa voz entenden / e con arroubo atenden / ou noso rouco son, / mais só vos iñorantes / e féridos e duros, / imbéciles e escuros / non nos entenden, non». O escultor Enrique Tenreiro non entendía como o piñeiro plantado á beira da estatua de Eduardo Pondal, nos xardíns de Méndez Núñez, ía ser queimado. Era un símbolo. Polo Himno Galego. Polo escritor. Polos anos que levaba alí. Por ser froito dunha das moitas homenaxes que a cidade tributou ao bardo. Porque fora plantado en 1925 nunha simbólica iniciativa de Circo de Artesáns. Porque para o próximo ano cúmprense cen anos da morte de Pondal.

O «non nos entenden, non» parecía soar de fondo cando «ví na portada de La Voz de Galicia (15 de febreiro de 2014) que o piñeiro estaba tirado e pensei que era unha barbaridade que se perdese», evoca o escultor. Foi un das árbores derrubadas por aquel temporal, o Ulla

Para evitar tal perda foise ver como estaba o piñeiro. «Quedaban uns 70 centímetros; o resto xa o habían troceado e estaba a se queimar en Nostián». Logo, «fun a Cultura. Fixen un escrito. Dicíanme que quería e díxenlles: Pois que lle digan á concelleira que hai un señor que fixo o Himno Galego; que ten un poema que se chama Os Pinos; que se morreu na Coruña e foi un enterro multitudinario; que lle puxeron un busto e plantáronlle un piñeiro...». Ao cabo de dous días volveu a Méndez Núñez. A responsable de retirar o que quedaba do piñeiro díxolle que tamén o ían queimar. Tenreiro foi falar cos responsables de Medio e pediu que parasen, «porque isto é unha tolemia». Déronlle 48 horas para conseguir o permiso para quedar coas raíces e o anaco de piñeiro. Explicou que quería facer unha escultura con eles. Finalmente obtivo o permiso para levar uns restos «que pesaban polo menos mil quilos», explica, mentres mostra a escultura en que converteu aquelas raíces. Agora a escultura pesa uns 600 quilos e é unha peza na que vendeu traballando durante os últimos catro meses.

Fonte .La Voz de Galicia

 


Qatar, holandesa encarcelada tras ser violada..mais novas do islam real.

 

O pais que tan "de moda" eta ultimamente coma exemplo de moitas cousas segue a dar exemplo do que e o islma real.

https://noticias.terra.com/mundo/qatar-condena-a-holandesa-por-adulterio-tras-denunciar-violacion,00ceaf7ca91e8d7123dbebf6e4c5023djjgbs3ul.html




Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next