Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2015.


FILGUEIRA VALVERDE DIA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Día das letras galegas 2015-05-14

 

Este ano 2015 o dia das nosas letras felizmente adica­-se a Xosé Filgueira Valverde, unha das persoalidades mais prolíficas da nosa cultura.

 

E tal autor non está exento de polémica por parte daquela esquerda pseudo-cultural que pretende outorgar licencias de galeguidade a aqueles que só pensan como eles.

 

O certo é que na obra tanto en galego como en castelán de Filgueira Valverde a súa laboura foi sempre a prol da nosa cultura, da nosa historia e da nosa identidade.

 

Calquera que se achegue à súa biografía poderá observar que é de destacar as súas grandes aportacións. A dignificación de Galiza na súa obra é unha constante.

Da épica na Galicia medieval” é o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega da man de don Ramón Otero Pedraio... sempre Filgueira tentando reanimar as alicaidas almas galegas tanto na súa acción política como na súa obra escrita....lembrando as orixes pontevedresas do navegante Sarmiento de Gamboa, a orixe galega de Luís de Camoes, a lírica galaico-portuguesa, etc.

 

A súa pertenza ao Seminario de Estudos Galegos, às Irmandades da Fala, ao Grupo Nós ou ao histórico Partido Galeguista semella que non son de completo agrado para certos sectores da orbita nacionalista da esquerda, como tampouco se lle perdoa desde eses sectores sectarios a súa oposición ao ingreso dun Partido Galeguista no seo da Fronte Popular que ía na contra dos principios de moitos galeguistas da súa época. Daí que xunto a outros galeguistas fundaran a Dereita Galeguista.

 

Paradoxos da vida...Filgueira Valverde é denostado por ser alcalde durante o franquismo da súa cidade natal, Pontevedra. Até o actual alcalde de Pontevedra pronunciou-se na contra de adicar o día das Letras Galegas. Nunha linguaxe politicamente correcta sería un “colaboracionista” para os ambientes da esquerda . Mais o certo é que loitou durante esa época polo patrimonio material e artístico da súa cidade, como tamén promoveu o magnifico Museo de Pontevedra.

 

Paradoxos da política... O Bloque Nacionalista Galego coa fuxida da militancia e de partidos deixa de ser Bloque...coa bufonada de inserir nas súas listas electorais a senegaleses deixa de ser galego...A única “estrela” que luce no BNG é o actual alcalde da cidade de Pontevedra, Fernández Lores e a ingratitude dun alcalde cun predecesor seu que sabe que traballou arreo pola súa cidade tamén denota grandes doses de sectarismo de determinados sectores do nacionalismo galego.

 

Mais o certo é que aqueles que ladran e ouvean contra Filgueira Valverde xamais serían seguidos por outras persoalidades senlleiras da nosa cultura como Otero Pedraio, Paz Andrade, Cunqueiro, Risco, Losada Diéguez ou Antón Fraguas, por citar só uns poucos.  




NON VOTES A EXCONSELLEIROS DE CAIXA GALICIA

A candidata do PSOE na cidade da Coruña, Mar Barcon foi conselleira no consello de administración de Caixa Galicia.

Estivo avalando as decisions dos directivos que levarian a ruina a primeira entidade financiera de Galicia, durante a época en que o goberno do PSOE inventou as "participacions preferentes" a maior estafa da historia de España.

Nos lembramos, non esquecemos, e non consideramos que unha participante no desastre ecónomico de Galicia sexa a mellor candidata a un cargo público.

Un poco de hemeroteca non esta mal:

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2013/02/07/barcon-rehusa-dimitir-labor-consejera-caixa-galicia/690303.html

IDEGA




Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next