Idega apoia a xusta reivindicación sindical dun novo dique para Navantia Ferrol, inversion de futuro, riqueza, traballo e inversión productiva creadora e non recortes orzamentarios destructores que tanto lles gusta o gobierno de "contables" do PP.

Navantia, empresa pública participada ao 100% pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), é referencia a nivel nacional e internacional, capaz de competir con outros estaleiros do mundo en prezo, calidade e prazos de entrega. Como proba, o acordo asinado con Noruega para a construcción de cinco fragatas, que supuxo case 10 anos de traballo e unha facturación de 1.100 millóns de €, en competencia cos mellores estaleiros, sendo ata aquel momento o maior contrato de exportación en España.

No ano 2007 fixémopnos cun dos maiores contratos internacionais de construcción de buques militares, impoñéndonos a estaleiros como o estadounidense Gibbs&Cox ou o francés DCN. Referímonos ao acordo asinado con Australia para a construcción de dous megabuques e o deseño de tres destrutores, o cal significou un contrato de 1.300 millóns de €.

Que nos deixen facer aquelo que sabemos; se os dous exemplos anteriores sitúan a Navantia como empresa punteira na construcción naval militar, nos estaleiros da Ría temos máis que amosada a nosa capacidade, tamén para a construcción civil. A experiencia en artefactos off-shore, a especialidade na reparación de buques e a actividade desenvolvida pola fábrica de turbinas aportan coñecemento dabondo para despexar calquera dúbida acerca das nosas posibilidades competitivas fronte aos mellores estaleiros do mundo, aos que superamos en moitas ocasións.

Ademais de ser unha referencia a nivel mundial, somos un piar fundamental para a economía da comarca. En Ferrolterra a construcción naval representa o 40% dos empregos do sector industrial. No ano 2011, en Navantia Fene-Ferrol traballamos unha media de 5.500 persoas, entre o cadro de persoal da principal e o da industria auxiliar, e creáronse preto de 12.000 empregos complementarios; dito doutra maneira: a plena ocupación dos estaleiros da traballo a máis de 17.000 persoas traballadoras na comarca. No ano 2010, case o 3,5% do emprego de toda a provincia da Coruña xerouse en Navantia, e a súa producción supuxo o 3% do PIB da provincia.

Ao sector naval da Ría de Ferrol acábaselle o tempo: ou se consiguen novos contratos con urxencia ou a partir do verán verámonos afrontando a maior crise na historia do sector nesta comarca. Será a partir de entonces cando nos quedaremos tan só coa construcción do último buque para a Armada australiana. No último medio ano xa se destruíron preto de 1000 empregos na industria auxiliar e, sen considerar as áreas de Reparacións ou de Turbinas, se non somos quen de cambiar a situación, antes de rematar o 2012 perderemos preto doutros 1500 e o máis probable é que nese tempo nos atopemos con obradoiros completamente pechados, situación nunca antes vivida en Navantia.

Adecuar as nosas instalacións, ademais de servir para ser máis competitivos, tamén na área de Reparacións Fene-Ferrol, é hoxe unha prioridade que non só suporía evitar a destrucción de emprego, senón que, a traverso do Departamento de Carenas, situaríanos en condicións de xeralo en máis de 400 persoas de maneira indefinida.

Ante a situación xeral de crise e o particular esceario dos centros de Navantia na Ría de Ferrol, cando estamos a falar dunha comarca da Comunidade Galega duramente castigada, onde o paro xa afecta a máis de 20.000 persoas, ningún Goberno pode situarse á marxe desta situación nin tampouco permitirse o luxo de renunciar á creación de preto de 500 postos de traballo.

Esiximos o cumprimento dos compromisos asinados coa SEPI/Goberno de España que, a día de hoxe, seguen pendentes de execución e dos que subliñamos a contratación da 6ª fragata (F 106), ou buque similar, para a Armada Española.