Facebook Twitter Google +1     Admin

LEITE. PRIMEIRO PREZO, DESPOIS CONTRATO

20081222121249-leite.gifO martes 18 de novembro un milleiro de labregos e labregas botámonos ás rúas de Santiago de Compostela para demandar prezos xustos para os nosos produtos: cobertura dos custos de produción e remuneración do noso traballo.


O pasado 18 de novembro, o Sindicato Labrego Galego convocou unha mobilización en defensa do dereito á negociación colectiva dos prezos para os produtos agrarios.


Idega apoia a reivindicación dos gandeiros galegos.


Como xa é sabido o Sindicato Labrego Galego negouse a asinar o contrato homologado para o leite, e posteriormente o da pataca, por non haber prezo mínimo para poñer no contrato.

No contrato do leite, na cláusula do prezo, dise, “o prezo será o que acorden libremente vendedor e comprador”. O de “libremente” é unha farsa, todo o mundo sabe que son as empresas as que impoñen absolutamente todo.

No tocante aos prezos de mercado: outra farsa. Os prezos de mercado márcanos industrias e distribución co único criterio de gañar máis e apoiar a industrialización do proceso de produción de alimentos. Aquí quen sempre perde son labregas e labregos e o conxunto da cidadanía. O SLG defende o establecemento de prezos mínimos que cubran custos e traballo.

O dereito á negociación colectiva dos prezos e que estes inclúan custos e traballo de produción é fundamental para manter a agricultura e a alimentación nas mans da cidadanía e fóra do control das multinacionais.
22/12/2008 12:12 Idega Enlace permanente. sin tema


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next