Facebook Twitter Google +1     Admin

O paro sube en Galicia

 O paro subiu en Galicia en 5.411 persoas en outubro

é a segunda comunidade na que máis aumentou o desemprego durante o pasado mes.

EFE 5/11/2007 O paro rexistrado nos Servizos Públicos de Emprego subiu en 31.214 persoas en outubro e situou o número total de desempregados en 2.048.577, o 1,55 por cento máis que o mes anterior segundo o Ministerio de Traballo. Nos últimos doce meses o desemprego subiu en 55.741 persoas (o 2,80 por cento).

O número de contratos en outubro foi de 1.911.389, a maior cifra rexistrada nun mes na serie histórica, o que supón un aumento de 92.197 (o 5,07 por cento) con respecto ao mesmo mes de 2006, aínda que os indefinidos caeron o 2,75 por cento, ata un total de 233.084, o que supón unha redución de 6.589.

Por sectores , o paro subiu principalmente nos servizos, o 2,65 por cento (32.345 persoas), seguido da agricultura, o 2,47 por cento (1.607), construción, o 0,62 por cento (1.493), industria, o 0,24 por cento (639), mentres que só se reduciu no colectivo sen emprego anterior que baixou en 4.870 persoas, o 2,19 por cento menos.

O desemprego masculino subiu en 15.480 persoas ata situarse en 802.831, mentres que o paro feminino creceu en 15.734, ata un total de 1.245.746 traballadoras.

O paro tamén subiu entre os mozos menores de 25 anos en 706 persoas e entre os maiores desa idade que se incrementou en 30.508 traballadores.

En outubro, o paro aumentou en catorce comunidades a cuxa cabeza se sitúan Baleares (5.879 persoas) e Galicia (5.411), e só baixou en tres, principalmente na Comunidade Valenciana, con 1.250 desempregados menos, seguida de Cataluña, con 222 e Estremadura, con 25 menos.

Entre os 233.084 contratos indefinidos asinados en outubro, que representan o 12,19 por cento do total dos contratos, 1157.917 foron a tempo completo, un 5,34 por cento menos, e 75.167 a tempo parcial, un 3,19 por cento máis que en outubro de 2006.

En magnitudes acumuladas, ata outubro subscribíronse 1.895.858 contratos indefinidos, o que supón 185.643 (un 10,85 por cento) máis que no mesmo período do ano pasado.

Deles, os indefinidos a tempo completo sumaron 1.378.590 nos dez primeiros meses do ano, un 9,5 por cento máis que no mesmo período de 2006, mentres que os contratos a tempo parcial aumentaron un 14,64 por cento ata os 517.268.

O resto dos contratos, ata completar o total de 1.911.389 de outubro, foron 17.916 de carácter formativo e 1.660.389 doutro tipo de contratos temporais, entre os que destacan os eventuais por circunstancia de produción a tempo completo, con 552.058, seguido dos contratos de obra ou servizo (a tempo completo), con 543.629.

Os contratos temporais con xornada a tempo parcial ascenderon en outubro a 452.027, o 23,65 por cento máis.

21/11/2007 16:27 Idega Enlace permanente. sin tema


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next