Blogia
IDENTIDADE GALEGA

A Xunta apoia os de fora con diñeiro galego.

  

Idega oponse a esta politica discriminatoria contra os galegos mentras os cartos dos nosos impostos se tiran o lixo en politicas de "integracion" que levan 40 anos fracasando en Europa e que sirven para que alguns "solidarios" enchan o peto.

Máis dun millón de euros para favorecer a acollida e maila integración dos inmigrantes

R. S. C.
SANTIAGO. A Secretaría Xeral de Emigración transferirá, en forma de subvención, 1.171.241 euros ao eido local (concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais) para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante en Galicia. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o pasado día 26 de xullo a resolución que regula os requisitos e as condicións para a concesión das subvencións.
As axudas ordénanse en base a seis grandes eixes. O eixe da educación, a cuxo reforzo a Secretaría Xeral destina 221.895 euros, incentiva programas de reforzo do sistema de axudas no ámbito escolar; de promoción da educación cívica intercultural; de aprendizaxe das linguas da sociedade de acollida; de atención á escolarización non obrigatoria, e de realización de actividades extracurriculares.
Emprego e vivenda
O apoio a programas de acceso, mellora e mantemento do emprego, o fomento da iniciativa empresarial e o traballo por conta propia ou asociado, e a formación en novas tecnoloxías e en interculturalidade de profesionais dos servizos públicos de emprego e axentes de desenvolvemento local, conforman os programas recollidos no apartado de emprego, ao que se dedica un orzamento de 200.000 euros.
As políticas para favorecer o acceso á vivenda son tamén susceptibles de axudas, de xeito que se subvencionan as accións que emprendan as entidades locais para promover programas de integración no contorno urbano e inserción de familias inmigrantes en contornos con escasa poboación. A este capítulo resérvase unha partida de 149.346 euros.
O eixo dos servizos sociais, orzamentado en 200.000 euros, prima as accións de reforzo dos mesmos, así como a formación de profesionais na atención á poboación de distintas orixes e culturas e mediación intercultural.
Muller e sensibilización
Os programas integrais dirixidos ás inmigrantes, que incidan na educación de adultos, a formación profesional, as habilidades sociais, a inserción laboral ou a educación para a saúde, así como os programas enfocados a facilitar a integración da mulleres que se atopen en situación de vulnerabilidade, especialmente aquelas que sexan vítimas de violencia de xénero, definen o eixe de actuación en materia de muller. Para este eixe está reservada unha partida de 200.000 euros.
Xa por último, a Secretaría Xeral de Emigración establece un sexto eixe, apoiado na promoción dunha imaxe positiva da inmigración, chamada a favorecer a sensibilización da sociedade galega respecto do colectivo de inmigrantes asentados no país. O orzamento é, neste caso, de 200.000 euros.

0 comentarios